Site icon Crónica3.com A Mariña

XXX Festa do Bonito

Remedios López.- Un ano máis celebrouse a festa do bonito de Burela, unha festa que intenta recoñecer o traballo dos mariñeiros e dar a coñecer a pesca do bonito como motor económico importante da vila. Unha festa que ten o título de festa de interés turístico. Noutros anos as asociacións do Concello de Burela participaban nos Xogos da Costeira que sempre eran un atractivo máis para os turistas e visitantes da feira, ou nas regatas náuticas que organizaba ou colaboraba o Concello que daban un prestixio a un pobo mariñeiro coma Burela. Nada de iso se pode disfrutar na trixésima edición da festa que se celebrou onte en Burela.

O alcalde para darlle algo de contido os actos institucionais ten que chamar a “viva voz” as autoridades asistentes ao acto, xa que nin os seus compañeiros do propio partido participan de forma voluntaria no acto de izado da bandeira azul no barco museo Raiña do Carmen, nin no pregón de apertura da festa, andarían moi ocupados. E máis, os propios Concelleiros deste equipo de “desgoberno” non asisten aos actos públicos. Temos o caso da concelleira do Mar (Patricia Eijo), máxima responsable da Concellería de MAR que nin está nin se lle espera, a Concelleira de Cultura (Mónica Pedre) tampouco asiste e moitos veciños deixan caer que é mellor que non asista, o Portavoz Municipal e 1º tenente de alcalde (Manuel Valle,) que parece que se participa o alcalde el non asiste, repélense como os imáns de igual signo e por suposto a concelleira de deportes (Beatriz) que solo participa onde se cobra.

Esperemos que este ano tras o traballo feito por todos os voluntarios de forma altruísta, conseguira o seu fin, vender todas as racións elaboradas con moito esforzo e dedicación. Pois o único que encontramos positivo é que o barco museo volvera o ondear a bandeira azul que perdera nos anteriores anos da xestión do Partido Popular de Burela. Aínda que non nos estraña, xa que o abandono que está a sufrir o barco museo por parte deste equipo de “desgoberno” é alarmante chegando incluso a telo pechado para as visitas nos fins de semana de todo o que vai de verán, realmente a xestión deste equipo de “desgoberno” e un lastre para Burela e os seus atractivos turísticos.

Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos aproveitar para agradecer todo o traballo feito pola asociación Ledicia por manter viva esta festa que serve para seguir dando a coñecer o Príncipe Azul, o bonito de Burela en tódolos currunchos de Galicia e de España.

REMEDIOS LÓPEZ VILLAR
Concelleira do PSdeG-PSOE de Burela

Exit mobile version