Dende Ó! CULTURAL ofrecen unha nova proposta: Z.O.F., un venres ben tolo que terá lugar o 8 de agosto en FOZ, a pé das míticas tres torres do concello.
É unha volta de torca ó tradicional Día da Xuventude celebrado ata agora en Foz, trocando escenario, situación, público obxectivo (xente nova e madura), hora (será de noite e non de día) e nome.
O programa será o seguinte:
• Ás 22.00 horas tocarán os vigueses PEDRITO DIABLO Y LOS CALAVERAS, deleitándonos co seu rock instrumental.
• NOVEDADES CARMINHA tocarán ás 23.30 horas, como prato forte da noite.
• Os lucences FUNKOMBO, cortesía dos nosos amigos do TENTACLE LITTLE SUMMER FEST rematarán a festa en torno á 01.15 horas.
A entrada é de balde.