As catequistas agradecen a colaboración de todos os anteriores e explican que “cando organizamos estes eventos, o recaudado sempre é para unha obra benéfica. Nesta ocasión será destinado a Cáritas de Viveiro, dado que últimamente, nesta situación de crise, necesita axudas económicas para poder seguir a súa laboura de colaboración cos máis necesitados, polo que lle damos as gracias públicamente”.
As entradas para a representación teatral estarán a venda con antelación en: Deportes Cote e Paquetería Irimia, e se o día da función, quedaran entradas por vender, poderánse adquirir no Teatro Pastor Díaz dende as 19.30 horas.