Site icon Crónica3.com A Mariña

75 aniversario do Martínez Otero de Foz

martinez-oteroDesde aquel mes de setembro do 1939 no que se inscribía o primeiro alumno do que se ten constancia documental ata o último matriculado no presente curso 2014 – 15 pasaron polo colexio Martínez Otero algo máis de 4.000 alumnos/as. Só por este dato xa paga a pena unha celebración, e así o fará o colexio Martínez Otero ao longo deste curso no que o centro irá “dando conta dos diferentes actos que se programarán para celebrar convenientemente esta efeméride que afecta sen dúbida a todo o pobo de Foz e o seu contorno”. Polo momento, o primeiro acto, que xa está ó alcance de todos, é a nova páxina web do colexio –www.martinezotero.es– onde se poden atopar imaxes e outra información relacionada, sobre todo, coa celebración do 75 aniversario.

Exit mobile version