Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada da Xunta aborda temas de interese para os xoves empresarios con AJE Galicia e AJE Lugo

Lugo, 18 de setembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, mantivo este xoves unha xuntanza coa presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE Galicia), Carmen López Rodríguez, e co presidente de AJE Lugo, Juan Manuel López Labarada, cos que abordou distintos temas de interese para os xoves empresarios.

A delegada puido así coñecer de primeira man a situación actual do sector, cales son os proxectos en marcha e as súas principais demandas, en especial no que se refire á actividade relacionada coa Xunta de Galicia.

A representante do Executivo galego considerou fundamental simplificar os trámites que os emprendedores deben realizar ante as administracións e responder aínda con maior eficacia ás necesidades e propostas dos empresarios. Neste contexto, destacou a nova Lei do Emprendemento e da Competitividade de Galicia, que elimina con carácter xeral as licencias municipais de obra e actividade.

Arias referiuse tamén a importancia de que as administracións públicas e os axentes sociais traballen de xeito coordinado, “as primeiras creando as condicións axeitadas e os segundos desenvolvendo as súas ideas, xa que desta simbiose debe resultar o progreso económico e social que todos perseguimos”.

A delegada territorial valorou de forma positiva a xuntanza e asegurou que “reunións como esta permítennos poñer en común opinións, inquedanzas e novas propostas. Ver, en definitiva, os pasos que se deben dar cara ó futuro, tanto dende as empresas como dende as institucións”.

Exit mobile version