Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música de Xove, a piques de iniciar as clases do novo curso

A Escola Municipal de Música de Xove presentou este luns 29 de setembro o curso 2014/15 na escola no antigo colexio de Palmeiro como paso previo ao inicio das clases o mércores 1 de outubro.

A presentación serviu para informar aos alumnos/as e pais asistentes de tódalas modalidades e especialidades que a escola ten para este curso para o que remata o prazo de preinscrición este mesmo martes despois de estar aberto durante todo o mes de setembro.

Os interesados poden presentar no Rexistro Municipal a ficha de preinscrición con tódolos datos requiridos. Posteriormente, a comezos de outubro, farase pública a listaxe de novos admitidos. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 euros en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor antes do 15 de outubro. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Exit mobile version