A FAPACEL da a benvida a toda a comunidade educativa ó novo curso escolar “que empeza coa implantación chapuceira dunha lei que xa dende o seu nacemento se ve abocada á morte”.
A maioría dos centros da provincia non van implantar esta lei e van seguir dando as súas clases no sistema anterior pois a Consellería de Educación publica o decreto de primaria 1 día antes do comezo do curso escolar, e ademais a finais do anterior deu permiso ós centros para adaptar os libros de texto a nova lei ou non facelo. Esto amosanos as présas deste Conselleiro por seguir as ordes de Madrid, aínda que sexa sen xeito e de forma totalmente improvisada.
Un curso escolar que empeza con menos profesorado e moito deste profesorado dando clases de materias para as que non están preparados, ou tendo que desprazarse moitos km para ir a varios centros para dar as súas clases. Un curso con peche de unidades, con menos becas para libros, con menos becas para comedores…………eso si con mais diñeiro para os centros concertos e para os que segregan por sexo, e con presupostos para obras descomuniais para alguns centros e outros non se lle concede nin o diñeiro preciso para as reparacións mínimas.
Esta Federación seguirá a loitar porque a educación sexa IGUAL para todos e que a Consellería traballe en prol dunha educación pública, galega e para todos.