Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Provincial de Confrarías presenta este venres o vídeo sobre “As memorias do mar de Burela”

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo presente este venres 12 de setembro a partir das 20.30 horas no Salón de Actos da Confraría de Pescadores o vídeo documental “AS MEMORIAS DO MAR DE BURELA” que promove grazas a unha axuda da Consellería do Mar a través dos Grupos de Acción Costeira (GAC-01 A Mariña-Ortegal) e no que colaboran as seis confrarías da provincia.

Con esta película complétase a serie de seis documentais sobre cada unha das confrarías de pescadores de Lugo, que se foron presentando en cada localidade nos últimos dous meses: San Ciprián, Celeiro, O Vicedo, Foz, Ribadeo e agora Buerla. En cada vídeo destácanse os principais aspectos da historia local de cada pobo, íntimamente relacionados co mar. Preténdese recuperar unha parte da memoria histórica de cada porto e cada pobo, facendo un percorrido polos acontecementos máis destacados dos últimos séculos: cómo foi evolucionando a pesca, as medidas de seguridade e habitabilidade das embarcacións, a importante actividade de cabotaxe e de transporte de mercadorías, os asteleiros e carpintería de ribeira, as fábricas de salazón e conservas, e outras anécdotas de abundancia na pesca e marisqueo, de naufraxios…

“As Memorias do Mar de Burela” é unha película documental dalgo máis de trinta minutos na que se presenta unha parte da memoria histórica do pósito de Burela, cos recordos de personas relacionadas co mar, desde varios patróns maiores da Confraría, armadores e mariñeiros xubilados ou aínda en activo, e outras xentes ligadas a calquera das actividades vinculadas á pesca e ó mar, que aportan as súas reflexións dos momentos máis relevantes da actividade mariñeira de Burela no último siglo e tamén de cada ó futuro do porto.

A presentación do vídeo é un acto aberto ó público e terá lugar este venres 12 de setembro ás 8 e media da tarde no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela. De cada un destes documentais edítanse 1000 copias en DVD, que se distribuirán gratuitamente a través de cada unha das seis confrarías de pescadores e da propia Federación Provincial de Confrarías, que tamén o empleará como material de promoción e divulgación en feiras de mostras, xornadas técnicas e outros eventos relacionados.

*Foto da presentación do vídeo sobre “As memorias do mar de Foz”.

Exit mobile version