Site icon Crónica3.com A Mariña

A Oficina de Información Turística pecha a temporada con 1.300 visitas nos meses de verán a Cervo

Cervo, 16 de setembro de 2014- O Concello de Cervo pechou a temporada estival da Oficina de Información Turística, que se mantivo aberta dende o 1 de xullo ao 13 de setembro. Así, nese período de dous meses e medio, este servizo recibiu 1.300 solicitudes de información por parte de visitantes e turistas.

En canto á procedencia, hai que destacar que chegaron de todos os puntos do Estado, tanto da península como de Canarias e Baleares, así como doutros países europeos pero tamén doutros continentes. No caso do turismo nacional, o perfil maioritario foron madrileños (30%), seguidos dos galegos (13%), vascos (11%), e castelán leoneses (9%).

No turismo internacional, os visitantes chegaron de países como Francia, Portugal, Alemaña, Gran Bretaña, Holanda, Austria, Polonia, Noruega, Turquía, Corea, Australia, Brasil e EEUU.

A información que solicitaron os turistas referíase principalmente a lugares que visitar así como locais de restauración e aloxamento. Da mesma maneira, tamén hai que ter en conta que foron moitos os veciños que recorreron a esta oficina para obter información sobre as actividades e festas que se desenvolveron nestes meses de verán no noso concello, de forma que o antigo quiosco de Juana segue sendo un punto de referencia para eles.

A edil de Turismo, Begoña Alonso, destacou a utilidade deste servizo e, atendendo ao seu éxito no seu primeiro período de apertura, avanzou que volverá a funcionar naquelas épocas de vacacións nas que se prevea unha chegada de visitantes. “El balance es muy positivo porque ha tenido muy buena aceptación en estos primeros meses, tanto entre los vecinos, que se han interesado por la información que ofrecíamos, como entre los visitantes, que han encontrado en esta oficina municipal un lugar donde recibir asesoramiento y apoyo a nivel turístico” explica Alonso.

Exit mobile version