Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña barcelonista San Miguel organiza a nova temporada nunha churrascada

churrascada-peñasanmiguelA Peña Barcelonista San Miguel organizou o pasado sábado 20 de setembro unha churrascada durante a que os socios decidiron as actividades principais a organizar durante esta tempada recentemente comezada.

O máis importante para os peñistas son as viaxes para ir animar ao Barça. Nesta ocasión os destinos elixidos son: A Coruña, no seu regreso á 1ª división e Bilbao, destino clásico da peña.

Ademais, acordaron centrar os seus esforzos en acudir co maior número de socios posible á Xuntanza de peñas barcelonistas galegas que organiza a peña de Burela. E tamén barallan organizar unha charla coloquio e comida con algún ex-xogador.

Mentras, todos os simpatizantes barcelonistas da zona e os peñistas reúnense no Restaurante Oliñas do Mar (Benquerencia), para ver por televisión os partidos do Barça onde son benbidos todos os interesados en acudir.

Calquera persoa estea interesada en recibir información sobre a peña ou facerse socio -por 36 euros ó ano para os adultos e 10 para os menores- poden contactar a través do correo pbsanmiguel@yahoo.es ou no teléfono 625 821 044.

Lotaría
A Peña Barcelonista San Miguel xa puxo á venda a tradicional lotaría de Nadal con participacións de 4 euros do número 82.104 cun euro de donativo.

Sección de atletismo
A peña vén de crear unha sección de atletismo coa que os socios participan nas carreiras populares, pero está “aberta a todos os interesados en practicar este deporte”.

Exit mobile version