Site icon Crónica3.com A Mariña

A sección de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo trunfa en Ribadeo e Navelgas

O pasado sábado 30 de agosto a sección multiplicouse para estar presentes nas carreiras do Monte Santa Cruz (Ribadeo) e Navelgas (Asturias).

Resultados con podio en Santa Cruz (Ribadeo)

PREBENXAMÍN FEMININO:
1.- Iria Rodríguez
(Emma García foi cuarta clasificada)

PREBENXAMÍN MASCULINO:
1.- Marcos Graña

BENXAMÍN FEMININO:
3.- Carmen García

ALEVÍN FEMININO:
1.- Ainara Rodríguez
3.- Carme Alonso
(Marta Alonso foi quinta)

INFANTIL FEMININO:
1.- Claudia Graña

CADETE MASCULINO:
1.- Aarón Rivas

CADETE FEMININO:
2.- Carmen López

Varios atletas da sección de adultos participaron na carreira dos 8 quilómetros 500 metros sendo Marcos Rodríguez o primeiro en entrar no apartado masculino (décimo sexto na xeral cun tempo de 36:04). Tamén participaron Luís Graña (44), Marisa Ares (95) e José López Gavín (104).

Navelgas (Asturias)
BENXAMÍN MASCULINO:
3 – Fernando Vallines

ALEVÍN FEMININO:
1 – Ana Vallines
(María Vallines rematou na quinta posición).

Exit mobile version