Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta autoriza as obras de construcción de vestiarios no campo de fútbol da Marosa

Santiago, 20 de setembro de 2014.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de enviar ao Concello de Burela a resolución pola que se traslada a autorización da Comunidade Autónoma para a construción de vestiarios e aseos dun campo de fútbol de herba artificial, na Marosa, no Concello de Burela.

Na solicitude remitida proxéctase a construción de vestiarios e aseos para todo o conxunto da área deportiva. Trátase dunha construción en planta baixa de forma rectangular (31,20 m x 5,00 m) e cuberta a unha auga, para vestiarios, aseos e duchas masculino e feminino, vestiarios para árbitros, almacén para material deportivo e cuarto de instalacións, sendo a superficie total construída de 156 m2.

Entre a estrada LU-P-1502 e a construción dos vestiarios proxéctase un muro de contención de 2,50 m de alto como medida preventiva por posibles inundacións provocadas polos tubos de drenaxe transversal da estrada. Solicítase así mesmo a legalización do campo de fútbol de herba artificial existente.

O planeamento vixente do Concello de Burela é un Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en data 31 de marzo de 2014. Segundo dito instrumento de planeamento, a clasificación do solo onde se sitúan as construcións proxectadas é a de solo rústico de protección de costas.

Segundo os criterios recollidos no artigo 32 da LOUG en relación co artigo 38 do citado texto legal, tendo en conta que as obras previstas sitúanse fora da franxa dos 100 metros de servidume de protección de costas, e á vista das características do emprazamento, a categoría urbanística máis axeitada é a de solo rústico de especial protección de costas.

Por último, indicase que no caso de que, para a obtención da licenza municipal ou das respectivas autorizacións ou informes preceptivos, sexa modificada calquera das características fundamentais autorizadas, será preciso solicitar unha nova resolución de autorización en solo rústico, previamente á licenza municipal.

Exit mobile version