Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición na V Carreira Popular Val das Fabas

Coincidindo coa Festa da Faba o sábado 4 de outubro, Lourenzá acollerá a quinta edición da Carreira Popular Val das Fabas.

Serán un total de 6,310 quilómetros os que teñan que percorrer os adultos a partir das 17.30 horas, mentres que a carreira das categorías menores dará comezo ás 16.30 horas.

Haberá trofeos para os tres primeiros da cada categoría e un vale de 100 euros en material deportivo para o gañador da categoría masculina e feminina.

Tamén se agasallará aos participantes con camisetas.

Os interesados poden inscribirse a través de championchipnorte.com.

Exit mobile version