Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese a inscrición dos cursos de natación da Escola Municipal de Xove

A Escola Municipal de Natación de Xove abre o prazo de inscrición para os cursiños de natación do ano 2015 para nen@s e adultos empadroados no municipio entre o mércores 24 e o martes 30 de setembro.

Entre estas datas so se apuntarán nenos e adultos censados e empadroados no Concello de Xove. A inscrición farase na Oficina da Piscina Municipal a partir das 10.00 horas.

Despois do mércores 1 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para o resto de nen@s e adultos, sexan ou non de Xove). Neste caso, a inscrición realizarase na aula de formación da piscina (enfronte ó xeriátrico) a partir das 10.00 horas.

José Manuel Blanco, Director da Escola Municipal de Natación de Xove, recorda que son un total de 750 prazas para Cursos de natación de peques, niveis Blanco, Amarelo, Verde, Azul e Vermello. Así mesmo, hai tamén cursos de Iniciación, Perfeccionamento e Mantemento para adultos.

Exit mobile version