Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña impartirá un curso sobre ‘Alérgenos alimentarios’ adiantándose á entrada en Vigo a finais de ano da nova normativa sobre etiquetado de produtos

Burela, 19 de setembro de 2014. Academia A Mariña organiza un curso sobre ‘Alérgenos alimentarios’, debido á nova regulación que entrará en vigor a finais do presente ano. O curso vai dirixido aos sectores de hostalería, restauración e alimentario en xeral.

Ramón Hermida, director de Academia A Mariña, indica que “en el mismo abordaremos aspectos como las alergias e intolerancias alimentarias y los efectos que tienen sobre la salud; el marco legislativo: gestión del etiquetado; el marco normativo: gestión de alérgenos en las principales normas de seguridad alimentaria; la gestión del riesgo de alérgenos; y la validación de los procesos de limpieza”.

Hermida explica que “los alérgenos son sustancias, generalmente de naturaleza proteica, que en determinadas personas son capaces de ocasionar una respuesta anómala: intolerancias alimentarias o alergias alimentarias”. Neste momento a lexislación establece que todos os produtos comercializados deben informar no seu etiquetado da posible presenza dos seguintes ingredientes: cereais que conteñan gluten e produtos derivados; ovos e produtos a base de ovos; peixe e produtos a base de peixe; crustáceos e produtos a base de crustáceos; cacahuetes e produtos a base de cacahuetes; soia e produtos a base de soia; leite e derivados, incluída a lactosa; froitos de casca e derivados: améndoas, avelás, noces, anacardos, pistachos, noces de macadamia, noces de Australia, pacanas, castañas de Pará e produtos que os conteñan; apio e produtos derivados; mostaza e produtos derivados; grans de sésamo e produtos a base de grans de sésamo; e anhídrido sulfuroso e sulfitos, en concentracións superiores a 10 mg/kg ou 10 mg/litro expresado como SO2.

A partir de mediados do próximo mes de decembro será obrigatorio que o consumidor teña acceso á información sobre os ingredientes de obrigada declaración en todos os alimentos, envasados ou non, incluídos os postos á súa disposición en restaurantes, bares, hospitais ou comedores escolares, e os vendidos a granel. Eses ingredientes alérxenos deberán ser visibles mediante unha letra ou cor distinta ou rechamante, que os diferencie do resto.

O director de Academia A Mariña, Ramón Hermida, sinala que “por este motivo, ante la entrada en vigor de esa nueva normativa, decidimos organizar este curso que se impartirá en las modalidades a distancia y mixta, según el grupo que se establezca en cada concello de A Mariña. Decir que la oferta será para toda España, en modalidad on line”.

As persoas interesadas en realizalo poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.

Exit mobile version