Site icon Crónica3.com A Mariña

AFALU recibiu 1.000 euros de mans do alcalde de Barreiros recadados no IV Día Solidario

barreiros-afaluBarreiros, 10 de setembro de 2014. A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias, de Lugo, (Afalu) recibiu 1.000 euros de mans do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. Esa foi a cantidade recadada no IV Día Solidario, que se celebrou o pasado sábado.

O rexedor amosou a súa satisfacción e “o agradecemento a todas as persoas que colaboraron dunha maneira ou doutra o pasado sábado na celebración da cuarta edición do Día Solidario. Este ano a asociación beneficiaria foi Afalu. A cantidade recadada ascendeu a 1.000,31 euros, que lle entregamos á presidenta do colectivo ao remate da comida”.

Fuente Parga tamén tivo palabras de agradecemento para a Rede de Voluntariado do Concello barreirense, que foron os encargados da súa organización.

Exit mobile version