Site icon Crónica3.com A Mariña

Afiliados do PSOE de Foz abandonan as filas do partido “en solidariedade cos concelleiros”

“Despois dos últimos acontecementos que se están dando nas filas do Partido Socialista de Foz, un grupo importante de afiliados (sobre 42) tomamos a decisión de darnos de baixa en solidaridade cos concelleiros do grupo municipal e a maiores compartimos e respaldamos a decisión que adoptaron de non entregar as actas ó partido, xa que sería entregarlle as actas ó Sr Cancio”. Todos nós enviamos carta solicitando a nosa baixa do partido explicando os motivos, tanto á Secretaría de Organización de Galicia coma á Secretaría de Organización Federal.

Moitos de nós levamos moitos anos traballando polo PSOE de Foz nos peores momentos deste, e polos vecinos do noso Concello,e non podemos mais que criticar a decisión dos dirixentes tanto locais, como provinciais, como autonómicos do PSdG PSOE, e consideralos uns cobardes políticos.

Somos conocedores do mal momento que están a sufrir e padecer estes catro compañeiros que durante estes tres anos foron os que defenderon os ideais do PSOE, algún deles con dezaseis anos ás espaldas traballando por e para os vecinos sen cobrar por elo.,Están a pasalo mal por ser como son,ser persoas humildes,legais e traballadoras,sen embargo o Sr Cancio, o Sr Val, o Sr Santín e o Sr Besteiro non se poñen colorados nestas situación xa que son uns políticos afeudalados.

Non podemos seguir afiliados ó PSOE, porque non podemos compartir espazo con quen tanto dano nos fixo durante estes últimos tempos e tanto daño lle fixo ó pobo de Foz, non podemos compartir espazo con quen estivo afiliado o PP, e volvemos a repetir o que os Concelleiros dixeron, este tránsfuga estivo afiliado ó PP,si afiliado ó PP.Non podemos compartir espazo con este tránsfuga que defendeu como independente ou afiliado as siglas do CNG, non podemos compartir espazo con este tránsfuga que foi cesado polo Sr Touriño cando era delegado de pesca, non podemos compartir espazo con este tránsfuga que foi cesado polo Sr Rivera cando era Concelleiro, non podemos compartir espazo con este tránsfuga que creou UNIFOZ para ir en contra dos intereses do PSOE e do Sr Rivera, non podemos compartir espazo con este tránsfuga que negociou hasta o último momento facer un gobernó co PP-UNIFOZ fai tres anos no noso Concello, e non podemos compartir espazo con este tránsfuga que permiteu un desgoberno de dereitas en Foz durante estes tres anos.Non podemos compartir espazo con quen decía que se comprometerá cos seus votantes a que os seus votos non ían facer alcalde a ninguén e por outra banda negociaba mocións de censura.

Non podemos compartir espazo coa Executiva Local de Foz encabezada polo Sr Val cando non convocou ninguna asamblea ordinaria este ano, (cando os estatutos marcan una asamblea cada tres meses), e non convocou asamblea Xeral de afiliados para tratar a afiliación “novamente” do tránsfuga Xaime Cancio, cando entendemos que non é una afiliación normal e corriente.Eso sí esta Executiva convocou unha reunión de urxencia para tramitar o mais rápido posible a alta “novamente” do Sr Xaime Cancio.Tamén temos que recordarlle á Executiva Local de Foz que se quedaron sin representación no Concello, bueno van ter un tránsfuga como independente na corporación,afiliado ó PSOE e defendendo ó PSOE-UNIFOZ cando houbo mais de 2000 persoas que tiveron a opción de votalo nas anteriores eleccións e elexiron votar ós Concelleiros que agora marchan.

Criticamos duramente a actitud da Executiva Provincial de Lugo encabezada polo Sr Santín por negociar a espaldas dos afiliados do partido a incorporación do Sr Cancio e sendo tan cobarde, que veraneando en Foz non tivese un minuto para transmitirles a decisión ós Concelleiros do Grupo Municipal, cando o Sr Santín era conocedor de que os Concelleiros non estaban dacordo co regreso do tránsfuga, e cal sería a decisión que adoptarían si chegaba ese momento.Recomendamoslle o Sr Santin que se de una volta polo pobo de Foz e fale cos vecinos do noso Concello para que conozca de primeira mao o que pensan da xogada maquiavélica que acaban de realizar. Tamén lle recomendamos o Sr Santín e os seus lambecús que non se volvan a pedir a acta de Concelleiros os nosos compañeiros que abandoaron xa as filas do PSOE con anterioridade á reunión de Executiva que celebraron en Lugo. A maiores recordarlle o Sr Santin que na Provincia de Lugo esiste o caso dun Alcalde( Pedrafita- Sr Raposo) e os seus Concelleiros que abandoaron as filas do PSOE, e siguen como independentes gobernando, e sin embargo non o vimos sair na TV pedidonlles as actas.¿ Que diferencia hai Sr Santin?. O Sr Santín o que ten que facer e explicarlles ós veciñ@s do noso Concello cal foi a negociación co Sr Cancio, que acordos ten con el,¿que vai pasar con Unifoz?,¿van a volver a concurrir as eleccions municipais?,¿ van disolver Unifoz e xuntarse ó Psoe antes das eleccións municipais?, ¿si se presentan por separado van darlle o seu apoio ó PSOE para que poida ser alcalde o Sr Cancio si ten posibilidade?, para todas estas preguntas teñen a resposta o Sr Val, o Sr Santín e o Sr Besteiro, eles estamos seguros que son coñecedores das reposta xa que esta trama esta perfectamente organizada e con todos o cabos atados.Estamos convencidos que o Sr Cancio non deu o paso de vir ó PSOE sen ter todo esto pactado, ter pactado que se ía presentar as primarias e ía ser o candidato do PSOE, a estas alturas nigún destes elementos engana a ninguén, e o Sr Cancio menos.

Criticamos a actitude do Sr Besteiro coñecedor de todos estes movementos e do que pensaban os Concelleiros que ahora marchan,cando o achazo mais grande da democracia se estaba a producir na agrupación local de Foz o Sr Besteiro estaba de vacacións en Fazouro e tampouco tivo a valentía política de atallar este golpe de estado.

Deixamos o PSOE coa cabeza mui alta,coa tranquilidade de cumprir a nosa palabra, coa tranquilidade de non compartir espazo con un tránsfuga nin con políticos afeudalados que so pensan no interés do seu beneficio personal e non do mellor para os veciñ@s do noso Concello.

Ós dirixentes do PSOE preferiron avalar as actitudes deste tránsfuga,e non escoitar ós veciñ@s de Foz, prefiren ponerse do lado dos políticos afeudalados e non do lado da xente, nos sin embargo vamos poñernos no lado da xente e escoitar ós veciñ@s.

Non queremos rematar este comunicado sen dar as grazas públicamente a todas as persoas que durante estes días nos están dando tanto ánimo e apoio e decirlles que tanto os Concelleiros agora como independentes como nos vamos seguir participando na vida do noso Concello e seguiremos ahí para o que faiga falta.

Moitas grazas”.

Exit mobile version