Site icon Crónica3.com A Mariña

Altair Burela ofrece formación gratuíta para os mozos sobre iniciación aos campamentos

O Grupo Chao de Castro Altair de Burela organiza un curso gratuíto en acampamento de fin de semana para voluntarios na educación nos tempos libres. Trátase dun módulo de 25 horas, con diploma acreditativo dedicado ao campismo e á planificación de actividades na natureza, e terá lugar no Camping de Xuvia de Narón dirixido a persoas entre 18 e 30 anos que queiran coñecer ou aprofundar no mundo da educación nos tempos libres e o proxecto Altair.

O curso estará leccionado pola Escola de educación no Tempo libre Altair Galiza e foi seleccionado pola Dirección Xeral de Xuventude coa máxima subvención, o que permite esta oferta gratuíta. A Escola de Tempo Libre Altair terá en conta este módulo para o seu curso de monitores de tempo libre cuxa fase teórico-práctica se desenvolverá en fins de semana entre outubro e decembro en Santiago de Compostela para a obtención do título oficial de monitor. Os membros do voluntariado de Altair ou que queiran facer parte do mesmo teñen un desconto importante no curso de monitor.

Inicio das actividades do curso
Coincidinco co curso formativo, Chao de Castro Altair comeza as actividades deste curso cun campamento gratuíto entre os días 10 e 12 de outubro no Camping Xuvia (Narón). A actividade é completamente gratuíta, para nen@s de entre 7 e 17 anos, tendo preferencia @s de 12 a 17 anos, seguindo a subvención da Xunta de Galicia.

Exit mobile version