
A ANPA do CEIP San Cosme de Barreiros, en colaboración co equipo docente, organizou este mércores unha viaxe ó Parque Infantil de Tráfico de Foz. Tras una charla dos axentes de Policía, os rapaces disfrutaron realizando un circuíto. Os máis maiores en kart, mentras que os pequenos o fixeron en bicicleta. Tamén algunhas nais se apuntaron á excursión e se animaron a conducir un kart, ó igual que as profesoras. Todos o pasaron moi ben e aprenderon nocións sobre seguridade viaria.