Site icon Crónica3.com A Mariña

Andando ao colexio

mobilidadeAo longo da Semana da Mobilidade de Burela alumn@s dos CEIPS Vista Alegre e Virxe do Carme participaron nunha actividade organizada por Gaia e denominada “Andando ao colexio” e recibiron unha charla de educación vial impartida por membros da Policía Local. “Con ditas actuacións preténdese que os rapaces se despracen nos traxectos curtos andando, e que o fagan de xeito responsable, respectando as normas de circulación dos peatóns. Sen dúbida, ir andando ao colexio aporta innumerables beneficios: é bo para a saúde, axuda a establecer lazos de amizade cos compañeiros, proporciona autonomía, supón un aforro económico para as familias, axuda a diminuir a contaminación do medio ambiente…”, sinalaron as monitoras de Gaia.

Exit mobile version