Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobadas as bases das bolsas e axudas ao estudo de Xove

O Concello de Xove aprobou na Xunta de Goberno celebrada este xoves 18 de setembro as BASES DAS BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO.

As modalidades aprobadas, foron:
MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
MODALIDADE 6.- Axudas para máster

Como novidade incluída este ano temos a modalidade 6, as AXUDAS para estudos de MÁSTER.

As contías previstas para estas axudas son:
1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €
3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha
4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €
5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
6.- Modalidade 6.- Axudas para máster, dotada con 500,00 €.

O presuposto que o Concello vai dedicar a esta bolsas e axudas é de 40.000 euros.

O prazo para solicitar vai do 1 ao 31 de outubro, ámbolos dous incluídos.
Dentro dos requisitos pedidos para acceder a estas axudas, salientamos que hai que estar empadroado e con residencia efectiva cunha antiguidade mínima de 3 anos.

Estas bolsas e axudas municipais son totalmente compatibles coas becas e axudas autonómicas e do Estado sobre as que se pode atopar información na OMIX de Xove.

Exit mobile version