Están dirixidas a nenos e nenas nacidos a partir do ano 2009 e hai as seguintes actividades: skate e BMX, os xoves ás 18 horas no Ceip Número 1; teatro, os mércores ás 17:40 horas na Sala Bahía; multideporte, os mércores e venres, ás 17:40 horas no Ceip O Cantel; patinaxe artística, os luns a partir das 17:40 horas, con 3 grupos, no Ceip O Cantel; ximnasia rítmica, os venres ás 17:30 horas na Sala Bahía; obradoiro de cerámica, os martes ás 17:30 horas no Ceip O Cantel; zumba e aeróbic xuvenil, os venres ás 19 horas no Centro Social.
Tamén hai unha actividade para os nenos e nenas nacidos nos anos 2010 e 2011. Chámase Pequexogos e desenvolverase os mércores e os xoves.
Todas as disciplinas comezarán a impartirse a partir do luns 29 de setembro e rematarán o 29 de maio.
O custo é de 15 euros ao mes por unha actividade e de 17 euros mes para os que participen en dúas ou máis. As familias numerosas teñen un desconto do 50 por cento.
Ao longo do curso haberá actividades especiais como unha excursión a unha pista de xeo, minisendeirismo ou unha viaxe ao parque acuático de Cerceda.
Os interesados en obter máis información e para inscribirse deben dirixirse á Casa da Xuventude de Foz ou chamar ao teléfono 982.13.30.37.