Site icon Crónica3.com A Mariña

As novas tecnoloxías, protagonistas de 2 cursos que se impartirán este venres no Centro de Formación Ocupacional de Burela

Burela, 4 de setembro de 2014. Este venres o Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, ubicado nas inmediacións do Parque de Tíjola, acollerá dous cursos para persoas maiores de 55 anos sobre novas tecnoloxías, que serán impartidos pola Deputación de Lugo.

Ditos cursos terán lugar pola tarde en horario de 16:00 a 20:30 horas. No centro estarán o concelleiro de Emprego, José Casas, a concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, e tamén o deputado provincial responsable de Innovación, Alfredo Llano.

Casas e Durán sinalaron que “ao longo do ano houbo máis cursos organizados en colaboración entre a institución provincial e o Concello de Burela e dado o éxito dos mesmos entre as persoas participantes agardamos que se realicen mais”, e así llo transmitiron ao deputado provincial, agradecendo a colaboración entre ambas institucións.

Exit mobile version