Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña de captación de socios do Praias de Barreiros: “Un proxecto para un pobo”

campaña-barreirosTrala súa presentación oficial, o Praias de Barreiros C.D. lanza a súa campaña de socios. Nesta primera tempada, o club barreirense tenta achegarse ós veciños e simpatizantes baixo o lema “Un proxecto para un pobo”.

A idea é a de aglutinar á maior cantidade posible de xente entorno ó novo proxecto deportivo, que neste momento conforman o equipo sénior de fútbol sala e o equipo de atletismo.

O carnet de socio do Praias de Barreiros C.D. ten un prezo de 15€/ano para o público xeral, mentres que os menores de 16 anos poderán facerse socios de maneira gratuita. Os socios disfrutarán das ofertas e descontos que ofrecerá o club.

Os interesados poderán facerse socios no Pavillón Municipal de Barreiros ou poñéndose en contacto con calquer membro da directiva.

Exit mobile version