Site icon Crónica3.com A Mariña

Carreiras solidarias e I Media Maratón de Montaña “Alas de Vida” en Burela

Burela viu esta fin de semana como deporte e solidariedade se combinan á perfección. Demostrando que cando se organizan as cousa con certo cariño e traballo a xente responde e máis si é por unha boa causa. O pobo está vivo e en movemento aínda que algúns se empeñan en pensar que non hai gañas de facer nada. E para cambiar esta percepción errónea traballa a Asociación Cultural Fanto Fantini. As carreiras solidarias “Alas de Vida” era a segunda actividade de esta nova asociación despois do Festival Osa do Mar, nesta ocasión o peso organizativo recaeu en Quico Muñoz e Diego Franco coa axuda dun bo número de membros de Fanto Fantini.

A finalidade da iniciativa era dar a coñecer a enfermidade “Pel de Bolboreta” e recaudar fondos para que a asociación DEBRA siga coa súa importante función de formación, financiación e investigación. A Praza da Mariña foi o cuartel xeral onde se instalaron duas carpas, unha na que a embaixadora de DEBRA en Asturias ofrecía toda a información solicitada e na que se podía mercar productos solidarios e outra habilitada para as inscripcións de “Alas de Vida” e doazóns.

O sábado 27 pola mañá foi o turno dos máis pequenos con varias carreiras polo paseo marítimo da Praia do Portelo. O sábado pola tarde máis de 500 persoas saían da Praza da Mariña dirección A Marosa nun paseo solidario onde se puido ver desde xente correndo a bo ritmo ou en bici até andando ou levando carriños de nenos. O espectacular día fixo que fose unha festa e que se puidera disfrutar dun precioso e multitudinario paseo solidario. Moitos volveron nun treneciño turístico para disfrutar dunha chocolatada e bizcochada outra vez na Praza da Mariña con castelos hinchábeis para os nenos e nenas.

Para o domingo 28 estaba programada a I Media Maratón de Montaña “Alas de Vida” na que máis de 130 inscritos se enfrontaron a un duro percorrido. A empresa de cronometraxe Empa-t instalaba a saída e chegada na céntrica Praza da Mariña, pasados uns minutos das 11:00h saían dirección ao Cantiño para pasada a Areoura subir o Monte Castelo para baixar pasada A Marosa. Un percorrido por camiños e polo paseo marítimo devolvía aos corredores ao núcleo urbano completando un pouquiño máis de 21km. En todo momento acompañados por un grupo de ciclistas dos clubes burelaos que abrían e pechaban o pelotón de corredores. Para dar por finalizada a deportiva fin de semana corredores, acompañantes, colaboradores e demáis disfrutaron dunha comida solidaria no pabellón dos colexios. Os tempos de todos os participantes e gañadores de cada categoría pódense consultar na páxina da empresa de cronometraxe: www.empe-t.com. Pronto se poderá dar a cifra do recadado.

Desde a organización (DEBRA e Fanto Fantini) afirman estar contentísimos coa resposta e pensan que se conseguirá unha importante recaudación. Dando as grazas aos colaboradores, patrocinadores e a todo o mundo que participou e contribuiu a que esta pasada fin de semana na A Mariña voasen máis bolboretas que nunca.

Exit mobile version