Site icon Crónica3.com A Mariña

ClassBand Burela preséntase este venres cun concerto

A Banda Municipal de Música de Burela organiza o concerto presentación da ClassBand® Burela que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela o venres 26 de setembro a partir das 20.30 horas

Que é ClassBand®?
É un sistema de ensino musical, colectivo, que proporciona unha nova metodoloxía de aprendizaxe máis dinámica e sen demasiado esforzo, onde a motivación ao alumno é a base

Cal é o obxectivo?
· Ensinar a calquera persoa e de calquera idade a tocar un instrumento de vento e percusión, facendo da banda un instrumento de práctica e ensino colectivo non só musical, senón social e cultural.
· Formación dunha banda a partir de cero coñecemento musical.

Como Funciona?
Tres clases colectivas de 60 minutos semanais:
· 1 hora semanal de clase seccional por especialidade instrumental (vento-madeira, vento-metal-percusión).
· 1 hora de ensaio grupal (todos os alumnos).
· 1 hora semanal de linguaxe e teoría musical.

Que se necesita?
Só ganas de aprender e gusto pola música.
ClassBand® achega todos os materiais e equipamento necesario para o funcionamento (instrumentos, accesorios, metodoloxía, partituras…) así como un profesorado preparado para incentivar constantemente os alumnos para a importancia da súa formación, apoiándoos en todo momento.

Que permite o sistema ClassBand®?
· Aprender música tranquilamente.
· Aprender un instrumento de vento.
· Desenvolver o traballo en equipo.
· Un horario cómodo.
· Poderás participar nunha representación ou concerto por trimestre.

Grupos de iniciación para nenos:
· Grupo de 4 e 5 anos.
· Grupo de 6 e 7 anos.

Exit mobile version