O rexedor municipal de Foz engadiu que “hai unha boa labor de coordinación entre os catro concellos; estamos contentos de que, de forma totalmente equilibrada, poida haber 5 veciños de cada concello que poidan dispor desa formación nun obradoiro de emprego. Estamos esperando a que inicien xa a súa actividade nos ríos que compartimos, que son moitos, entre os catro concellos e tamén en zonas recreativas, xa que vai servir para ter rozados eses lugares”.
Para Javier Castiñeira é “un bo obradoiro”, polo que “agradecemos á Consellería de Traballo que nos concedese o obradoiro Pardo de Cela, que en certo modo é o personaxe que nos une aos catro concellos e quixemos facerlle esta homenaxe poñéndolle este nome. Moitas grazas e moita sorte a todos os alumnos e aos monitores nestes próximos seis meses”.