Site icon Crónica3.com A Mariña

Concertos de promoción nos centros educativos de Xove por parte da Escola Municipal de Música

concerto-xoveO ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón acolleron un concerto de tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove.

En cada un dos centros educativos este trío composto por un clarinete, un violín e un chelo realizaron un pequeno concerto dunha media hora de duración cada un deles ante 180 e 80 alumnos e alumnas, respectivamente. Varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún clásico foron os interpretados nestes concertos cos que se abre o curso 2014/15 na Escola Municipal de Música de Xove.

Os concertos tiveron unha dobre finalidade, cultural por un lado, e por outro promocional, no sentido de que se aproveitan para publicitar a Escola e para animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música. De feito, aínda están a tempo de matricularse ata o 30 de setembro no rexistro de entrada das oficinas municipais.

Exit mobile version