Site icon Crónica3.com A Mariña

Cousas de despistados

De todos é sabido que o Partido Popular está a facer un gran traballo por dignificar as condicións de vida dos homes e mulleres do mar e por abordar os problemas estructurais que afectan ó sector.

Un gran traballo que entre outras cousas supuxo que no ano pasado, 2013, se perdesen cada día dous afiliados ao Rexime Especial do Mar da Seguridade Social, sen lugar a dúbidas unha xestión envexable, 4425 traballadores menos no mar na era Feijoó.

O voceiro de Pesca no Parlamento de Galicia do PP, o señor Balseiro, a persoa que máis sabe do sector pesqueiro e da pesca en xeral en toda a Comunidade Autónoma dicia hai uns días que estabamos alonxados da realidade dos portos, e seguramente ten razón.

Estamos afastados da realidade que nos tratan de facer ver os representantes do Partido Popular, onde todo pinta dun tono alegre e non existen problemas, e os que hai son cousas tan “cativas” como fixar a data dun recoñecemento médico…., pero non se preocupen mariñeiros e armadores, que ahí esta Balseiro para solucionalo.

O resto non son problemas, que é o que pasa si cada ano as cotas son insuficientes?, si se pecha a pesca da sardiña?, si a cota da xarda e do xurelo a reparten noutras comunidades?, si cada ano as capturas de polbo descenden?, si no marisqueo se perde emprego ano a ano?, si segue a ameaza de prohibición do arrastre?, si non se cumplen os compromisos en materia orzamentaria?, si segue a aumentar o furtivismo?, si cada ano disminuen os orzamentos?, si os nosos barcos son expulsados dos caladoiros internacionais (Mauritania, Marrocos)?, si as familias dos profesionais que sufren accidentes no mar, quedan totalmente desprotexidas en sen axudas por parte do goberno como consecuencia da eliminación da poliza colectiva?….

Non se enganen xa o di Balseiro, non pasa nada e cousa de despistados.

Xosé R.Val Alonso.
Deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia.

Exit mobile version