Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez, en Polonia para disputar o Mundial de Elite de Pentatlón Moderno

pentaO pentatleta viveirense Cristóbal Rodríguez xa se encontra en Varsovia (Polonia) para disputar o Campionato do Mundo Elite Absoluto de Pentatlón Moderno.

O deportista mariñán chega á capital polaca despois de catro intensas semanas no Centro Nacional de adestramento en altura de Font Romeu (Francia), e a última de axuste e readaptación no CAR de Sant Cugat.

Rodríguez, que competirá a fin de semana, representará a España na modalidade individual e na de relevos para as que conquistou o seu pasaporte no pasado Campionato de Europa celebrado en Hungría. Despois das duras cargas de adestramento en altura, Rodríguez confia na súa nova forma física con máis músculo e menos graxa.

Neste Mundial daranse cita máis de 35 países, desde Rusia pasando pola representación chinesa e coreana asi coma o resto de potencias europeas e americanas. É, pois, un gran test cara á próxima temporada.

Exit mobile version