Primeiro derbi galego da tempada para o Burela Pescados Rubén que recibe ao Cidade As Burgas, en partido correspondente á terceira xornada da Primeira División. Vista Alegre será o escenario do derbi que se disputa o sábado 27 a partir das 18.30 horas. Ambos conxuntos chegan a este encontro con tres puntos no seu casillero e prometen un duelo de alta intensidade.
O Cidade As Burgas chega ao feudo laranxa cunha escuadra que mantén a súa columna vertebral da tempada anterior formada por xogadoras con experiencia como Sonia, Figo, Peke, Vane… e novas promesas como Candela e María Romero. Ademais esta tempada lograron un reforzo de luxo coa incorporación de Lucía Nespereira, ex xogadora do Burela Pescados Rubén (2009-2013). A xogadora internacional sumará experiencia, calidade e carácter competitivo á escuadra dirixida por Manolo Codeso que xa puxo en serios aprietos ao campión, Atlético de Madrid, na pasada xornada.
Copa Galicia
O conxunto burelés logrou a súa clasificación para a seguinte fase da Copa Galicia ao quedar primeiro do seu grupo tralo resultado entre Valdetires FSF (5) A Fervenza FSF (0)
Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra.
Baixas: 13.Patri.
*Fotografía: Marián García Mesa