Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Bici en Xove

A ACD Xove organiza o Día da Bici o sábado 27 de setembro a partir das 16.30 horas con saída dende o Centro Cívico. As actividades previstas son: unha ruta cicloturista por Xove, Lago e Morás ata a Illa de Sarón (13 km), animación infantil con globoflexia e pintura de caras e exhibición do Equipo de BMX. Haberá trofeos para o ciclista máis novo, o máis veterano e á bici máis orixinal. Tamén se sorteará unha bici e material deportivo entre outros agasallos. Os interesados poden inscribirse ata 15 minutos antes da saída contactando coa organización.

Exit mobile version