Site icon Crónica3.com A Mariña

Dobre xornada en Vistalegre con duelos ante o Viaxes Amarelle o Santiago Futsal

A pretemporada continúa avanzando cos equipos laranxas afinando a súa posta a punto para a competición ligueira de Primeira División que comeza, en ambos casos, o 13 de setembro. Tras unha fin de semana de boas sensacións, os equipos senior do CD Burela FS Pescados Rubén disputarán en Vista Alegre os seus encontros de presentación, o mércores día 3 de setembro. Abre a xornada o conxunto feminino, a partir das 18.00 horas, ante o Viaxes Amarelle. A continuación, 20.30 horas, a escuadra masculina enfrontarase ao Santiago Futsal.

Durante o fin de semana, o conxunto dirixido por Juanlu Alonso afrontará un novo reto ante o Magna Navarra. O duelo disputarase en Cangas do Narcea (Asturias), o sábado 6 de setembro a partir das 18.30 horas. Pola súa banda, as pupilas de Quico Otero reciben en Vista Alegre ao Valdetires FSF nun partido correspondente á Copa Galicia. Este choque xógase o domingo día 7 de setembro ás 18.00 horas.

Resultados fin de semana
Primeira División LNFS
Amigables: II Desafío Star Center. 29 e 30 de agosto
Palma Futsal (4) – CD Burela FS Pescados Rubén (2)
Uruguay Tenerife (1) – CD Burela FS Pescados Rubén (4)

Primeira División RFEF
Competición oficial: Copa Galicia. 30 de agosto
A Fervenza FSF (0) – CD Burela FS Pescados Rubén (8)

Xuvenil División de honor
Amigable: Esteo FS (2) – CD Burela FS Pescados Rubén (3)

Exit mobile version