Site icon Crónica3.com A Mariña

Educación celebra que a comunidade escolar de Ourol regrese ás aulas con normalidade tras admitir a proposta da Consellería

Lugo, 18 de setembro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra que a normalidade regrese ás aulas do colexio de Ourol despois de que nestes primeiros días de curso escolar se vise alterada a asistencia normal ás clases dos alumnos deste centro polas reivindicacións dos pais e nais.

Despois de varias reunións entre representantes da Xefatura Territorial de Lugo coa responsable do centro e cos pais e nais, estes acordaron admitir a proposta que dende o primeiro momento reiterou a Consellería de Educación.

Deste xeito, o colexio, no que se atopan matriculados 11 alumnos, conta cun profesor a tempo completo e dous profesores itinerantes -que comparte con outros centros-, e agora a atención aos alumnos verase reforzada pola presenza do orientador, que tamén prestará servizo nos colexios de Celeiro e Galdo.

Exit mobile version