Site icon Crónica3.com A Mariña

En bici dende Burela ata Santa Eulalia de Oscos

bici-burelaO Club Ciclista Burela realizou unha ruta en bicicleta de carretera entre as localidades de Burela e Santa Eulalia de Oscos o pasado domingo 28. Na ruta participaron socios do Club Ciclista Burela así como tamén tres integrantes do Club Ciclista Foz o que fixo que fosen 15 os esforzados afeccionados ó deporte do pedal os que fixeron esta esixente ruta que tiña como gran dificultade a subida o porto de A Garganta e unha vez coronado o porto de montaña se dirixiron a Villanueva de Oscos e remataron en Santa Eulalia despois de percorrer 85 km. Paralela a esta ruta tamén estaba organizada unha ruta de senderismo pola zona dos Oscos que fixeron os acompañantes dos ciclistas. O remate das dúas rutas e despois das duchas, todos os integrantes da excursión repuxemos forzas nun restaurante de Santa Eulalia partindo para as localidades respectivas en autobús unha vez rematada a comida. Esta ruta entra dentro das actividades que o Club ten programadas para os socios que practican o ciclismo de carretera e que tuvo no mes de maio outra ruta por terras portuguesas na zona de Viana do Castelo.

Exit mobile version