Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do Club de Bolos de Xove no intermodal galego

O Club de Bolos Xove volveu a acadar grandes resultados no Campionato Intermodal Galego celebrado en Meira e Castro de Rei o pasado sábado 20 de setembro. Este campionato consiste en xogar, nun mesmo día, a tódalas modalidades de bolos que se xogan na Provincia de Lugo (bolo celta, bolo vienés, bolo en liña, bolo canteiro e bolo de Xove).

Na edición deste ano participaron xogadores de toda Galicia e da veciña Asturias, iso sí, previamente clasificados nas súas respectivas zonas.

Na categoría senior Ginés Rodríguez (Club de Bolos Xove) consegueu alcanzar os seu terceiro título, anque despois das tiradas celebradas pola mañá parecía totalmente descartado, debido a uns malos tanteos na modalidade de bolo celta; pola tarde, e despois de arrancar espectacularmente na modalidade de bolo ao canteiro, Ginés púxose líder, condición que xa non perdeu, conseguindo manter a súa primeira posición coas modalidades de bolo vienés e bolo de Xove. Nin Javier Partierra (2º posto final) nin Luis Rancaño (3º posto final) conseguiron aguantar o tirón de Ginés, que como dixemos, revalida o seu título, e que se pode considerar o xogador máis completo do bolo galego, tendo en conta que nesta modalidade hai que dominar un bó número de especialidades.

A este primeiro posto, Ginés Rodríguez tamén lle engadiu a primeira praza na modalidade de bolo canteiro. A isto tamén temos que sumarlle a primeira praza na modalidade de bolo en liña votiva por Rafael González, tamén do Club de Bolos Xove.

Xa en categoría feminina, a xovense Belén Meitín acadou a segunda praza no Intermodal, por detrais de María Belén Gavín do Club Cruceiro de Meilan, quedando terceira Carla Cabaleiro do Club Estivada de Val Miñor (Pontevedra).

Belén Meitín tamén se proclamou vencedora na categoría de Bolo de Xove, e Carmen Roca gaño una categoría de Bolo Vienés, ambas do Club de Bolos Xove.

Para rematar, e isto tamén é unha gran satisfacción xa que significa que temos canteira, decir que na categoría xuvenil a clasificación final estivo encabezada por Daniel Alonso, seguido de Miguel López, ambos do Club de Bolos Xove.

Como conclusión, pódese dicir que o Club de Bolos Xove foi o dominador este Campionato Intermodal Galego.

Exit mobile version