Site icon Crónica3.com A Mariña

Galipizza, un exemplo empresarial

PIZZBUR, matriz da marca GALIPIZZA, leva 25 anos traballando e teñen detrás unha experiencia de crecemento que debera ser exemplo de outras moitas do sector e de outro tipo de negocios.

Innovadores desde a base, apostando pir productos de país e de calidade, teñen demostrado que o noso idioma, os nosos productos de identidade, son garantía de éxito.

GALIPIZZA ten locales en Viveiro, Ribadeo, Culleredo e Compostela pero continúa co seu medre creando unha franquicia da marca. O gruoo conta ademáis con dous locais máis de hostelería en Cobas e participa activamente co seu cimpromiso coa cultura do País. Son coñecidas as cadeiras coas imaxes de literatos galegos e as súas pizzas de grelos, de cateo queixos galegos, de raxo e zorza etc, son moi valoradas por aqueles que as proban. As hamburguesas de carne da raza galeguesa, os pinchos do país, supoñen ademáis dunha aposta polo prooio, unha imaxe de calidade e unha mostra de que “o noso” vende.

Lema, o seu propietario, está preparando para este ano as cadeiras adicadas a Díaz Castro, noutra demostración de aposta sen fisuras polas nosas letras.

Ten participado en eventos como a Resurrection Fest, A Festa de Breogán, eventos galegos no exterior e mesmo patrocinado unha xira dos Heredeiros da Crus, nesa aposta tamén de identificación do que é galego coa modernidade.

Despois de 25 anos de éxito e crecemento, agardamosque os 25 seguintes redoble ese éxito e o multiolique porque unha empresa tan galega, que xenera emprego e orgullo do propio mereceo e que cunda o exemplo polo país adiante.

Que empresas como Estrella Galicia sexa, co nome do país coñecida polo mundo enteiro, é outra demostración das nosas capacidades, ademàis de outras, menos coñecidas pero que exportan is nosos productos con grande éxito levando o nome de Galicia por estandarte. Galicia vende e vende calidade.

As empresas como GALIPIZZA, tamén son cultura propia e da boa e para que este èxito se multiplique, de cando en vez, unha galipizza de grelos non ven nada mal, e menos aos chairegos que algo deso sabemos.

Antón de Guizán.

Exit mobile version