Site icon Crónica3.com A Mariña

II Marcha Solidaria en Tapia

O grupo de montaña do Club Marqués de Casariego organiza para o sábado 13 de setembro unha ruta circular con saída do parque de Tapia de Casariego ás 09.00 horas, Porcía, La Roda, El Cabillón e regreso a Tapia. Trátase da segunda marcha solidaria coa Fundación EDES co obxectivo de recadar fondos e seguir contribuíndo á mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade. Orlando J. Casariego patrocina a ruta do club, pero tamén se aceptan aportacións particulares. Inscricións ata o venres 12 de setembro a través dos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.

Exit mobile version