Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da mostra de artesanía de Carmina Otero en Burela

A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela inaugura este luns 15 de setembro a exposición de Artesanía da artista mariñán Carmina Otero na Sala de Arte da Casa da Cultura. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro martes, 30 de setembro, en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. A autora é autodidacta, principiou coa restauración de mobles antigos e logo continuou experimentando con distintas técnicas e materiais. A mostra consta dunhas 50 pezas que nacen da reciclaxe que a propia autora fai dos distintos soportes que utiliza para as súas obras, entre cadros, caixas, botellas ou pedras.

Exit mobile version