Site icon Crónica3.com A Mariña

Independientes de Viveiro presenta varios rogos ó Pleno da Corporación Municipal

O Concelleiro Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi) realiza os varios rogos á corporación municipal de Viveiro.

Por parte deste portavoz, en Abril de 2010 presentárase unha moción para a rexeneración e limpeza da ría de Viveiro en varios puntos, aprobada por unanimidade de tódolos grupos da Corporación Municipal. Así tamén en 2011 tamén se traía a este pleno unha pregunta sobre si había constancia neste Concello se a Consellería de Medio Ambiente, invertería cinco millóns de euros nun plan de saneamento da ría de Viveiro, dado que saíra publicado nun xornal. Dende esas datas observamos que nada se ten feito sobre este tema, por elo ROGAMOS o equipo de goberno nos indique as xestións que se fixeron, e si por parte da administración autonómica houbo resposta, dado que as zonas indicadas seguen a presentar un aspectos pouco decoroso, ademais de desprender en ocasións un cheiro moi desagradable.

Na relación do programa sobre obradoiros de emprego publicada pola Xunta de Galicia, non aparece ningún para a noso Concello, por elo ROGAMOS se nos dea conta si por parte do equipo de goberno se fixo xestións e solicitude dos mesmos.

Dende fai unhas datas no aparcadoiro en onde esta ubicado o Gadis, na Avda Ramón Canosa pódense ver uns grans carteis coa lenda ” Parking exclusivo para clientes Gadis, propiedade privada. Por elo ROGAMOS nos indiquen si o Concello ten constancia deste feito, e si se vai facer algo o respecto.

O edificio que albergaba a Cruz Vermella está pechado a cal e canto dende fai tempo, ROGAMOS que por parte do equipo de goberno se fagan as xestión oportunas para solicitarlle o estamento Cruz Vermella a cesión para o Concello de dito inmoble, para poder dedicalo a actividades promovidas polo mesmo.

En varias ocasión preguntouse neste pleno sobre os malos olores que desprendía a planta da Edar do cruce de Celeiro. ROGAMOS nos indiquen se se fixo algunha xestión e actuación para evitar na media do posible eses cheirumes.

Á maioría dos semáforos non lles funciona o botón para premer os peóns. ROGAMOS nos indiquen se está previsto o arranxo dos mesmos.

En varias ocasións trouxéronse a este pleno varios rogos para tratar de regular a instalación de autocaravanas e caravanas que nos visitan, no noso Concello, (e benvidos sexan ó noso pobo), coa creación dun espazo controlado para a regulación das mesmas. Por parte da Alcaldía respostabase que o mellor era facer unha Ordenanza municipal cos permisos temporais a que teñan dereito e limitacións de aparcamento. Este verán volveuse a repetir a escena, cada quen para onde lle peta, por el elo ROGAMOS nos indiquen se se fixo ou se esta facendo algo sobre este tema.

Exit mobile version