Site icon Crónica3.com A Mariña

Inscrito no rexistro da propiedade o solar da nova gardería de Burela

Burela, 16 de setembro de 2014. O solar no que se construirá a nova gardería de Burela xa foi inscrito no rexistro da propiedade en Viveiro a nome do Concello. Proximamente formalizarase oficialmente a súa cesión á Axencia Galega de Servizos Sociais, “estará á súa disposición e libre de cargas”, dixo o alcalde, José Mª González Barcia.

Este mécores 17 de setembro, ás 12.30 horas, terá lugar a sinatura da acta de replanteo dese solar. Ao acto asistirán o rexedor burelés, así coma técnicos e representantes da Axencia Galega de Servizos Sociais.

Exit mobile version