Site icon Crónica3.com A Mariña

iVi propón que a Xunta se faga cargo do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

O Concelleiro Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), propón que a Xunta de Galicia se faga cargo do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

Dende hai máis dunha decada estáse a intentar que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia asuma o mantenemento economico do conservatorio profesional de música de Viveiro, sin que ata esta data se acadara un compromiso por parte do organismo autónomico.

Nin os gobernos do PP nin do bipartito na Xunta, foron quen levar a cabo esta demanda. En 2004 o Conselleiro Sr. Currás indicaba que a administración autonómica nun futuro plan global, poderían facerse cargo xunto con outros 25 que existían en Galicia. Nada se voltou a saber dese plan.

No ano 2008, o alcalde de Viveiro, Sr. Roel indicaba que debería plantearse de forma conxunta a asunción da Conselleria de tódolos que estaban na mesma situación, e por elo indicaba que trasladaría a reivindicación a Fegamp. Nada soubemos tampouco.

No 2011 o Concello abriu o consurso público para a consolidación dos empregados. Este era un dos principais reparos que poñia a Consellería. Foron os propios profesores os que levaron a solicitude oa pleno. E asi a maioria do profesorado xa esta consolidado.

A carga económica que supón para a administración local e muy importante, polo que de acadarse a transferencia a Xunta de Galicia, sería un balon de osixeno para as arcas municipais e que podería adicar ese gasto a outros investimentos.

Este ano o conservatorio conta con máis de 300 matriculas. Un dato estadístico que fala do potencial do centro e que o noso conservatorio e un dos que máis estudantes aporta os graos superiores.

Por parte deste portavoz en varias ocasións xa nos fixemos eco desta situación, que ademáis era un dos nosos compromisos no programa de goberno co que acudimos as eleccións de 2011.

E polo que o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación do seguinte:

ACORDO

1.- Solicitarlle o Conselleiro de Cultura, Educación e ordenación Universitaria unha entrevista urxente, con tódolos portavoces dos partidos que compoñemos a Corporación Municipal de Viveiro, encabezados pola Sra. Alcadesa, facendo extensible tamén á participación da recente nombrada Xefa Provincial, Sra. Gueimunde, para tratar sobre a transferencia do Conservatorio Profesional de Musica de Viveiro á Xunta de Galicia.

Exit mobile version