Site icon Crónica3.com A Mariña

Markytos, de volta, lidera a LNB

Unha agradable tarde de verán acolleu a primeira xornada da LNB NorLeste da tempada 2014/15 na Ponte de Outeiro. O III “Aberto da Terra non se vende” disputouse nun terreo en aceptables condicións ainda que un pouco brando e con numerosa participación malia ausencia de palanadores veteráns que disculparon nesta ocasión a súa presencia e agardan impacientes a vindeira para nos acompañar.

Comenzamos esta liga con trece equipos en liza ca incorporación de “Pena verde” de Trabada e “Polka” de Pol que amosaron xa de primeiras que veñen con gañas de loita e non só como mera comparsa, sobresaindo Peña polos de Trabada e Manu polos de Pol. Do resto de equipos temos que destacar a deportividade, o bo ambiente que se respira nos abertos e o gran nivel de tódolos palanadores que vai in crescendo de tempada en tempada.

Un equipo que notou en demasía as ausencias foi “Remourelle Bulls” con Villarino como único representante e que ainda que loitou bravamente pouco puido facer el so (Lucia, Marcos, Martiño, Milio e Muriego son demasiadas baixas para unha xornada). Agardamos a sua inmediata incorporación.

Moi forte comenzaron “O Cadaval” (tamén con alguna baixa) que foron os dominadores por equipos con Pepe Vidal como máximo expoñente e o resto mais ou menos na liña de sempre con algún altibaixo como soe acontecer a principios de tempada.

No eido individual, destacar que segundo o que se viu en Ponte de Outeiro, vai ser unha tempada moi dura e disputada. Moitos galos xuntos loitando sin trégola por escalar o primeiro posto. Nesta ocasión foron tres os que acadaron o pleno de cinco carreiras gañadas e se disputaron os tres primeiros postos nun desempate a tres carreiras.

Rodrigo (mais coñecido por “Hervi”) de “Extensión Billarda” tivo unha excepcional tarde de acertos que nembargantes non foi quen de aguantar na final e foi superado por Pepe Vidal (de “O Cadaval”) que gateou ata o 2º caixon, pero sobretodo por un renacido MarKytos (“Billardeiros Musicais”), que superada a dolencia que o apartou da competición nas derradeiras xornadas da tempada pasada, volve como ave Fénix e non deu opción a ningún dos seus dos rivais. Como dixo Xulio César no Senado de Roma: Veni, vidi, vinci…

Ponte de Outeiro é un dos lugares mais difíciles para facer varados e así quedou demostrado mais unha vez. Algún acercamento houbo non ostante, pero so o poderoso brazo de Charli, un dos mais destacados especialistas, foi quen de mandala billarda entre os varais de un so golpe conseguindo o único VARADO da tarde.

Logo da entrega dos artesanais e artísticos trofeos a cargo de Isma en representación de Carabullo Asociación Cultural os gañadores desta 1ª xornada, rematamos en festa con petiscos e uns grolos de viño acompañados de música de gaitas e bailes.

As clasificacións quedaron asi:
Individual: Markytos, Pepe Vidal e Rodrigo 10 p., Dani Morán, Daniel, Javi Morán, Oscar e Pepe Outeiro 9 p.

Equipos: O Cadaval 34 p., Billardeiros Musicais 31 p., Carabullo de Teixo 29 p.

Femenino: Geles, Irea, Lorena, Noelia, Paula e Sara 4 p.

Varados: Charli 1 Varado

Parabéns a todos os palanadores/as, en especial os gañadores da tarde e lembrar que a segunda xornada será o vindeiro 11 de outubro na Cadeira-Trabada.

Exit mobile version