Site icon Crónica3.com A Mariña

Mes da Igualdade en Cervo

Dentro das actividades do Mes da Igualdade en Cervo está prevista unha sesión de cine fórum na escola de San Ramón o xoves 11 a partir das 19.00 horas. O venres na Casa da Cultura, “Música para a Igualdade” cos concertos de Rabentola e Mar Aberto a partir das 20.00 horas, seguidos da lectura dun manifesto a prol da igualdade e en contra da violencia de xénero. Clausura con merenda e solta de globos.

Exit mobile version