Site icon Crónica3.com A Mariña

Microteatro en Ribadeo

MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS presenta QUE VAI SER DE NÓS? o domingo 21 de setembro a partir das 20.30 horas no auditorio Hernán Naval de Ribadeo. A entrada ten un prezo de 2 euros. Microefectos Dramatúrxicos nace como proxecto teatral no ano 2013 a partir do obradoiro de dramaturxia impartido por Rubén Ruibal dentro das accións formativas Buxiganga 2013. O grupo constituiuse como colectivo teatral de microteatro residente na Sala Velvet e, posteriormente, no Club Clavicémbalo de Lugo onde presenta un novo espectáculo cada primeiro xoves de mes. María Grandio, Rubén Pérez, Conchi Mandina, Anxo Manoel, Iria Acevedo, Brian Rodríguez, Lourdes Abuide, Germán Frasio e Isa Herrero achegarán á Mariña, dun xeito diferente e divertido “unha mirada cara á realidade, comprometida coa nosa xente, a nosa lingua e a nosa cultura”, segundo reza o programa anunciador deste espectáculo.

Exit mobile version