Esta decisión non estuvo exenta de polémica dado que alguns comerciantes creen (e están no seu dereito )que este feito lles supoñía un perxuicio importante no seu negocio.
Para eso intentaron consensuar o maior número de opinions e trasladaron a súa inquedanza a os mandatarios municipais para que derogaran a devandita ordenanza.
Estou de acordo que alguns establecementos se sentiran molestos dado que tenen un tipo de clientes que debido a sua idade sufran mais no desplazamento a pe para acercarse a mercar, feito que non dubido en que repercuta nas suas ventas.
Pero o debate eu creo que temos que facelo como colectivo e sabendo cal e o futuro que queremos para o noso pobo, e explicome:
Estamos acostumados a ver os resultados de decisions políticas de forma inmediata e cuantificalos no corto prazo, ainda que estos sexan proxectos que esten basados en exportar unha imaxe que solo co tempo e a difusión mediatica e popular poden dar os frutos desexados. Eso nos leva a ser críticos con todo o que sexa perder un solo euro ainda sabendo que quizas vaiamos na dirección correcta.
Non e necesario decir que todos estamos pasando por un momento económico delicado e que calquer merma nos enche de angustia e temor. Pero analizando os pros e os contras con tranquilidade ocurreseme a seguinte reflexion que quero trasladar a os meus veciños:
Mondoñedo(sempre dende o meu punto de vista) e unha cidade que atesora unha riqueza muy importante, unha riqueza historica e monumental, paisaxistica e da natureza e como non unha riqueza cultural pasada e presente.
Posue ademais un clima bastante favorable dentro da media de Galicia con características especiais en cuanto a chuvias e temperaturas.
Temos unha ventaxa añadida que non e outra que estar cerca da costa pero sin os costes e as aglomeracions da mesma.
Lamentablemente non temos industria nin tecido empresarial forte que poda soportar unha economía de grandes salarios e tampouco que atraiga a poboacion colindante.
Esto influye na elevada media de edade da nosa población e por tanto na capacidade de gaasto que os nosos veciños poden trasladar o noso comercio.
Por tanto, e sempre baixo a miña opinión, deberamos ser capaces de poñer en valor todo o noso potencial a nivel de servicios, e explotar a nosa riqueza cultural , monumental e paisaxistica para poder ofertar un turismo de calidade e poder adquisitivo alto que suplira as carencias de outros sectores económicos.
Para todo esto debemos de ser conscientes de duas cousas, que é un proxecto a medio e largo prazo e que ,para conseguir os froitos ,hai que semillar e esperar os resultados. Para eso temos que ser pacientes e constantes.
Todo esto nos leva a pensar que quizas deberamos empezar a mostrar o noso civismo e respeto polas persoas que nos visiten e ofrecerlles o noso pobo limpo, cuidado e sin coches . Que as familias podan traer os seus nenos e soltalos da man sabendo que estan seguros, e por suposto que reciban o trato e o respeto que os mindonienses lles debemos.
JORGE LOSADA COMENDEIRO