Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX. convoca os congresos locais de Foz e A Pontenova para o sábado 25 de outubro

Lugo 22 de setembro de 2014.- Novas Xeracións convoca os congresos locais de Foz e A Pontenova para o sábado 25 de outubro, tal e como se acordou nas dúas xuntas directivas celebradas esta fin de semana. O conclave da Pontenova será ás 12.00 horas, mentres que o Foz terá lugar ás 20.00 horas.

Nas xuntanzas acordáronse os calendarios congresuais. Así, nos dous casos hoxe ábrese o prazo de recollida de avais, que finalizará o próximo dous de outubro. O número de avais necesario para ser candidato é de cinco.

Unha vez finalizado este prazo, o 3 de outubro proclamaranse os candidatos a renovar as dúas xuntas locais. Neste conclaves terán a oportunidade de votar todos os afiliados.

Exit mobile version