Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións reúnese co Valedor do Pobo para coñecer as inquedanzas dos cidadáns e propoñer solucións

reunion-nnxxSantiago de Compostela, 15 de setembro de 2014.- Membros de Novas Xeracións reuníronse este luns co Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, coa intención de coñecer de primeira man as inquedanzas dos cidadáns, así como de interesarse polas funcións e competencias desta institución.

Así, un grupo de 20 mozos e mozas, encabezado pola vicepresidenta de Novas Xeracións, Rosa Arza, desprazáronse ata as dependencias do Valedor e formuláronlle unha serie preguntas sobre a súa labor como defensor do pobo e tamén cuestións sobre os temas que máis preocupan aos cidadáns que recorren cada día a esta institución.

Para esta organización é fundamental coñecer cales son os problemas reais que lles traslada a cidadanía ao Valedor, especialmente a xuventude, para poder formular solucións e propostas que incluír no programa marco que entregarán ao Partido Popular de Galicia de cara ás vindeiras eleccións municipais.

Segundo o presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, é importante aproveitar oportunidades como esta visita ao Valedor, xa que se trata dunha institución moi próxima aos cidadáns.

Exit mobile version