Site icon Crónica3.com A Mariña

Novos test para o Praias de Barreiros F.S.

O conxunto barreirense disputará esta fin de semana varios encontros de preparación. Tralo empate no partido de presentación frente ó Cubelas F.S (3-3) e a derrota no último amigable contra o F.S Boal (1-7) os de Toni Novo volverán a medir o seu nivel competitivo.

O próximo sábado 13 de setembro ás 11.30 horas o Praias de Barreiros F.S. recibirá ó Cinco AS F.S no Pavillón Municipal. O conxunto de Piedras Blancas, que compite na Terceira División Asturiana, está formado por unha mezcla de xogadores novos (Jito, Carlos) con outros máis experimentados (Edu, Quiros, Ito, Pani, Maky, Isidro…), o equipo está comandado por Chake, o exxogador de Tenerife Realejos, Lanzarote, Llano Gijón ou Hollywood, exerce como entrenador-xogador por segunda campaña.

O domingo 14 de setembro o equipo barreirense desprazarase á localidade asturiana de Boal para participar no seu prestixioso torneo de fútbol sala para equipos federados. Alí medirase a varios equipos asturianos nun curioso formato de competición que consiste en enfrontamentos de 20 minutos. Ás 12.00 horas o Praias de Barreiros enfrontarase ó conxunto anfitrión e trinta minutos despois farao ante La Sienda. Pola tarde será o turno do Coaña FS (17.30 horas) e ás 18 horas o conxunto barreirense finalizará a súa participación frente a El Franco FS.

Novos test que servirán ó tecnico barreirense para poder ver as evolucións dos seus xogadores, Toni Novo mostrouse moi contento co traballo da plantilla tanto nos adestramentos como no compromiso dos xogadores do Praias de Barreiros FS.

Exit mobile version