Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao PP de “rexeitar a proposición que pedía dispositivos anti néboa máis avanzados na A-8 entre Mondoñedo e Abadín”

O PP rexeitou esta tarde no Congreso a proposición non de lei da deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, que pedía a instalación de medidas de seguridade máis eficaces e avanzadas na A-8, entre Mondoñedo e Abadín, e cuxo debate tivo lugar este mércores na Comisión de Fomento.

A deputada do BNG comezou a súa intervención lembrando o fatídico accidente do 26 de xullo na A-8 á altura de o Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín, no que faleceu unha mullere, e houbro 49 feridos. Rosan Pérez explicou aos membros da Comisión de Fomento que se trata dun tramo de 16 quilómetros no que se pasa dunha altitude de 176 metros a unha de case 700 metros, lugar caracterizado por espesa néboas.

Lembrou a parlamentar nacionalista que este tramo da A-8 foi inaugurado pola Ministra de Fomento en febreiro pasado, e pouco despois “xa se produciron accidentes de tráfico”. É unha zona caracterizada por continuos bancos de néboa, “que en moitas ocasións anulan por completo a visibilidade. Está considerado como o tramo máis perigoso da Autovía do Cantábrico”.

Nese sentido, aludiu ás manifestacións de veciños e conductores que denuncian a falla de visibilidade que “nalgúns momentos nin siquera lles permiten ver as balizas instaladas por Fomento”. Sinalou que as alternativas son as estradas N-634 e N-642 que non “están en condicións de soportar o volume de tráfico que se deriva dados os problemas existentes na A-8”. Subliñou que pola N-634 circula unha media de 8.000 vehículos a diario, que se incrementa en época estival.

Máis que estradas “intelixentes precisamos estradas seguras”, puxo de manifesto que en numerosas ocasións o BNG pediu a mellora destas estradas estatais.

Rosana Pérez sinalou que “após o accidente de xullo, o tramo estivo cortado durante varios días, e logo Fomento, através do Director Xeral de Estradas, anunciou unha batería de medidas”, que considera a deputada do BNG deixaba ás claras que existían fallos de seguridade. Facendo un símil coa accidente do Alvia en Angrois, Rosana Pérez preguntouse se “estas afirmacións, non lles lembra a algo? As medidas até o accidente eran insuficientes?”.

Advertiu que neste tramo se gastaron 192 millóns. “Non se pode pechar a autovía durante 300 días ao ano sempre que haxa néboa”, como se pretende.

Para a deputada do BNG esta autovía “é un exemplo de como se deseñan e constrúen as infraestruturas no noso pais, trazados inseguros que se inauguran a toda presa”. Rosana Pérez ironizou sobre as declaracións efectuadas por Ana Pastor cando se inaugurou o tramo, cando dixo que “esta autovía era segura, moderna e eficaz”, así como cando afirmou que “era un proxecto da UE para a posta en marcha de estradas “intelixentes”, máis nós agardamos que sexan tamén seguras”, enfatizou.

Rematou alertando que os cidadáns seguen a chamar ao 112 para denunciar que as luces anti néboa están apagadas e de que non hai visibilidade. Por iso, instou a Fomento e ao PP a aceptar esta proposición para que se instalen dispositivos máis avanzados porque “deducimos que non vai ser o único lugar do mundo con néboa, e que será moi habitual en países como Irlanda ou Escocia”. Así como a necesidade de emprender un plan de mellora da N-634 e da N-642.

EMENDAS DO PP E DO PSOE
Rosana Pérez aceitou a emenda do grupo socialista porque completa “as nosas propostas” ao plantexar que nos Orzamentos para o 2015 se inclúan partidas para adecuar a N-634 e a N-642”. Máis, non aceitou a emenda do grupo popular porque se limitaba a “manter as cousas como están”. Literalmente instaba a Fomento a “manter as medidas de seguridade necesarias para os casos de condicións meteorolóxicas adversas”, cando o BNG pide medidas novas e máis seguras.

Exit mobile version